Arredor do Carballiño

A VERACRUZ DO CARBALLIÑO, TESTAMENTO ARQUITECTÓNICO DE ANTONIO PALACIOS
Introdución aos motivos da construción e simbolismo do templo da Veracruz do Carballiño (1943-1962) derradeira obra, testamento arquitectónico de Antonio Palacios. Alegoría arredor do Viacrucis, da Cruz e dos camiños de peregrinación a Compostela

MONCHO FUENTES: FOTOS SINGULARES DO COMÚN E CON BANDA SONORA COUNTRY
Repaso dalgúns aspectos biográficos do fotoxornaista carballiñés Moncho Fuentes, unha vida dende neno formada entre o celuloide do cine e da fotografía, retratando a historia do Carballliño cunha poética propia, o que transmite a súa filla Olivia

VELLAS LEMBRAZAS DOS FELOS DE GARABÁS
Lembranzas do Entroido carballiñés de fins dos anos cincuenta do século XX, cando os tradiiconais Felos de Garabás concorrian á Praza Maior. Desfile de xinetes de traxe coberto de cintas e espelliños...tradición cabalar propia dos arrieiros

ALGÚNS ILUSTRES NOMES DOS ALARIFES DO CARBALLIÑO QUE RESCATA MONTES MARQUÉS
Sintese de persoeiros que dende o século XVII van construindo o Carballiño, segundo o historiador C.A. Montes Marqués. Dende simples arrieiros, taberneiros a empresarios... sobranceiros xuristas e deputados que xeran clarificadores documentos

OS ALARIFES, AS FAMILIAS QUE CREARON O CARBALLIÑO, LIBRO NECESARIO DE MONTES MARQUÉS
Introdución ao libro de Carlos Montes Marqués sobre as familias que, a partires do século XVII se establecen arredor da feira do Carballiño. Persoeiros formados nas letras, na empresa e con forte incidencia na vida do concello e mesmo do Estado

OS PROGRAMAS DE MAN DAS FESTAS MAIORES DO CARBALLIÑO
As festas supoñen fortalecer a tribu a través do mellor que esta pode dar de si. As do setembro do Carballiño, nos anos que siguen á posguerra foron referente, mesmo editando un programa que inclúe creacións de clásicos e novos autores

ALGO SOBRE A EMIGRACIÓN DO CARBALLIÑO PARA O MUNDO
Dende a súa orix e o Carballiño, como vila nacida nunha encrucillada, é centro de emigración polo mapamundi:ás américas, Europa, Australia... E arredor diste fenómeno sociocultural abondancia de historias, de documentos...merecedores dun museo

O FOLIÓN, OS FOGUETES E OS FOGUETEIROS DO CARBALLIÑO
O oficio dos fogueteiros é imprescindible na Galiza das feiras, festas e romarías, e máis aínda nese Carballiño, celebrada vila polos seus folíóns das festas de setembro, aos que concorren coas súas novidades as pirotecnias de máis sona

OS EIDOS QUE ABEIRAN O VELLO CAMIÑO DAS ORIXES, O DE FLORES A SEÑORÍN
O Carballiño naceu como campo de feira dependente da parroquia de Señorín e do mosteiro de Oseira. O barrio de Flores foi o primeiro núcleo e á beira deste camiño e do regueiro de Corzos utilizáronse aqueles eidos como agras e lameiros para o pasto

O CARBALLIÑO E O RELOXIO DE CUCO DO BALNEARIO NAS VIAXES DO ESCRITOR ALFONSO ARMADA
O viaxeiro, periodista de guerra e escritor vigués Alfonso Armada ( 1958) publicou no 2022 ´Cuaderno de viaje al país natal´, recorrido por Galiza, no que se inxerta o relevante capítulo ´Veranos con mi abuelo Angel en el balneario de Carballiño´

A CIENTÍFICA MARIA TERESA MIRAS PORTUGAL SEMPRE NA MEMORIA DO SEU CARBALLIÑO
Introdución biográfica á científica carballiñesas, especialista en bioquímica Maria Teresa Miras Portugal ( Carballiño 1948- Madrid 2022). Sobranceira persoalidade, alí onde foi, como alumna, investigadora, profesora, académica, como carballiñesa...

MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ, O CARBALLIÑO E A SÚA AURA COMO ESCRITOR E CINÉFILO
Introducción á biografía do escritor e cinéfilo carballiñés Miguel Anxo Fernández, oriundo por parte de pai e nai da bocarribeira de Punxín. Preocupado por estudar difundir a cultura do cine. Creador da figura literaria do inspector Frank Soutelo

CARLOS A. RODRIGUEZ E A SÚA NOVELA SOBRE O GALEGO “REI DOS XÍBAROS”
Arredor de Alfonso Graña, emigrante natural das terras ourensáns de Avión que parte cara ao Amazonas para penetrar na más remota selva para ser ´Rei dos Xibaros´. Tema que inspira a Carlos A. Rodriguez para a novela ´El hombre blanco del rio Nieva´

MÍTICAS CURVAS E REVIRAVOLTAS NOS VELLOS CAMIÑOS DO CARBALLIÑO
O Carballiño é vila de orixe arrieiro, asentada sobre unha lomba, con entrada e saída entre curvas. Voltas no camiño, como a Curva da Ferradura en Punxín, a da Reverencia en S. Facundo de Cea. Voltas do camiño que quedaron moi prendidas na memoria

PULPO AO XEITO DO CARBALLIÑO, O BO FACER DA FEIRA E FESTA
Inroducción á significación cultural do pulpo na historia do Carballiño, nacemento da Festa do Pulpo no 1963 e outras cuestións. Como limeira a un libro da Asociación Fotográfica ´O Potiños´ arredor dunha treintena de familias de pulpeiras

XESÚS CARBALLIDO: ESOUTRA ARTE OU POÉTICA DE ARGALLAR, PEGAR OU COSER MEMORIA
Introducción a aspectos biográficos e creativos do carballiñés Xesús Carballido. Caracterizado por unha obra fondamente poética, construida con versos dque son obxectos de pasado. Collaxe que convida ao espectador a unha fonda reflexión sobre a Arte

O CASINO DO CARBALLIÑO , A SÚA FESTA DA MIMOSA E ALGO MÁIS
No 1962 estréase no Carballiño o flamante Cine Rivas, dende entón no primeiro piso trámase a creación dun casino...iniciativa que madura, mesmo ate comprar en propiedade un edificio na rúa maior...e arredor del iniciciativas como a ´Festa da Mimosa´

CONTOS, MEDOS, AMULETOS E SANTUARIOS DAS XENTES DO CAMIÑO
Lembranzas arredor dalgúns contos escoitados a vellos feirantes, de amuletos e santuarios: que si as señas, a santa compaña... o vo do corvo, o oubeo do can. O sacauntos, as andanzas de Pepa Loba... Amuletos, medallas, ferraduras, a vacaloura...

A ROSA, A FLOR DE FLORES
O 18 de xaneiro do 2023 finou na casa onde naceu Rosa Nuñez Muñoz-Reque, defensora da casa, do seu barrio de Flores, do Carballiño. E defender significa recuperar e anovar sobre as súas tradicións arrieiras e de feira. Vida de novela, de camiños .

A NOBREZA E OS PAZOS DOS ARREDORES DO CARBALLIÑO
O entorno do Carballiño ofrece ademais singulares pazos, os que corresponden a sobranceiras familias fidalgas do sec. XIV ao XVIII. Estructuras en decadencia no sec. XIX tal como recolle na súa obra a Condesa de Pardo Bazán, así como Otero Pedrayo

O PASADO E A BASE DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CARBALLIÑO
No 1958 estando de secretario do concello do Carballiño o intelectual Xosé Fariña Jamardo créase a Biblioteca Municipal. Insitución modélica por contidos, concurrencia, intercambios e actividadades.Alí aprendimos a furar no universo

O PROFESOR XAIME FERREIRO ALEMPARTE: UN UNIVERO LITERARIO ENTRE CABANELAS E ALEMAÑA
Inrodución biobibliográfica ao profesor de cultura española en Alemaña, Ferreiro Alemparte (Cabanelas 1918-Frankfurt 2000) Intensa vida, rodeado de influentes amizades, estudoso e difusor de Rilke, así como dos vencellos entre Galiza e Centroeuropa

AVELINO CACHAFEIRO, O GAITEIRO DE SOUTELO NAS LEMBRANZAS DO CARBALLIÑO
Lembranzas arredor de Avelino Cachafeiro Bugallo (1899-1972) un dos célebres gaiteiros de Soutelo de Montes, autor dun libro de poesías ´Voando coas aas da Vida´ (1969) no que expresa as súas querencias, entre as que non falta o Carballiño

O TEMPO DE DEFUNTOS NO PÉTREO BARCO DO CIMITERIO DE SEÑORÍN
O cemiterio do Carballiño ocupa o entrono do vello igrexario de S. Roque de Señorín. Conxunto moi a ritmo coa significación urbana da vila: grandilocuentes panteóns entre homildes campas e nichos. Onde tamén atopamos os nomes de sobranceiras figuras

AS DECIMONÓNICAS FÁBRICAS DE PAPEL DAS TERRAS DO ARENTEIRO
Introducción á decimonónica orixe das fábricas de papel nas Terras do Carballiño: Astureses, Bouteiro, Lavandeira e Lousado. Actividades preindustriais que conlevan a aparición dos trapeiros. Enfermizos traballos, os máis protagonizados por mulleres

ALGUNHAS LEMBRANZAS ARREDOR DA MIÑA EIRA DE FLORES
Paseo por un singular espazo do Carballiñono nos anos da infancia do autor, alá pola metade do século XX: a eira, o cabaceiro, a casa dos ´Guesito´ coa nena María Rita, o forno, familias amigas...e a casona, a carón da Igrexa, habitada pola Zamorana

LALÍN, O CARBALLIÑO E O IR E VIR DO XENIAL PINTOR ´LAXEIRO´
A vida de Xosé Otero Abeledo, o pintor ´Laxeiro´ (1908-1996) circunscríbese á súa parroquia natal, Donramiro, Lalín, a La Habana, Pontevedra, Buenos Aires, Vigo, Madrid e sempre ese seu Lalín das feiras, tan en irmandade con vilas como o Carballiño

O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO
Un 17 de setembro do 1964 o Carballiño elebra a súa primeira Festa do Pulpo, exitosa iniciativa, agora declarada de ´interese internacional´. Con ela encetouse unha nova xeira de romarías enxalzando os seus productos da Terra e saberes Tradicionais

O PULPO, AURORA BARANDA E O CARBALLIÑO, UNHA SANTA TRINDADE GALEGA
Aurora Baranda é pulpeira de cerna, natural como moitas deste gremio de Santa María de Arcos, Carballiño. De feira en feira, emprendedora e que con gran dignidade potencia o pulpo ao estilo Carballiño, nas súas grandes pulperias de Lugo e da Coruña

DE MONTE DE MESEGO A CIDADE XARDÍN E PARQUE DO CARBALLIÑO
O Monte Parroquial de Mesego ocupa unha gran extensión que beirea a vella estrada a Pontevedra e o río Arenteiro. Iniciativa nacida no Concello arredor dos anos vinte do século XX coa ansía de crear unha zona de lecer, a un tempo dunha Cidade Xardín

OS INSPIRADOS VERÁN NO CARBALLIÑO DO SABÍO CLÉRIGO CHAO ESPIÑA
Don Enrique Chao Espina (1908 Viveiro-1989 Coruña), clérigo e humanista formado en Mondoñedo e Lugo, nas universidades de Compostela e Alcalá, estudoso de Pastor Díaz, escolleu pras súas vacacións o Carballiño, onde escribía, pintaba e se inspiraba

XOÁN XACOBE FERNÁNDEZ, O FRANCISCANO DE MOIRE, MÁRTIR EN DAMASCO
Xoán Xacobe Fernández (1808-1860) natural de Moire en Piñor de Cea , vive intensamente a msión franciscana: de Herbón Terra Santa pra ser mártir damasceno. Devanceiro do escritor Camilo José Cela que esperpentiza as súas andanzas na ´Mazurca...´

O CAMPO E A ROMARÍA DA SALETA DE ASTURESES
As festas maiores do Carballiño rematan en 19 de setembro coa romaría á Virxe da Saleta noCouto do Marco, Astureses. Devoción nacida no 1846 nos Alpes franceses, prara pasan no 1864 a Siador, Silleda e de seguido espallarse polos camiños da feira

AS, ADEGAS UN IDILICO E MISTERIOSO LUGAR NO RIVEIRIÑO DO RÍO VARÓN
Os mozos carballiñeses iniciabanse, nun xeito de rito de pasaxe, collendo o camiño das Adegas, cara ás encostas de Banga que baixan ao Varon. Unha campa que se abre a un cataclismo de grandes penedas que ocultan atractivas covas e misterios

O PROFESOR DE DEBUXO, OS CARTEIS E AS INICIATIVAS DE FELIPE-LUIS LÓPEZ
Felipe Luis López ( 1921-1997) debuxante, persoa de iniciativas, colaborando na promoción da vila a través das artes da imaxe : dedicou boa parte da súa vida a elaborar os carteis de festas do Carballiño, un dos creadores da Festa do Pulpo.

O GRAN FOTÓGRAFO ALBERTO MARTÍ E O CARBALLIÑO
O pioneiro fotoxornalista coruñés Alberto Martí, que documenta boa parte do acontecer do século XX nesta cidade, tivo unha gran querencia polo Carballiño. A súa muller tiña nacido na casa consistorial desta vila, á que viña de cando en vez

VEREMUNDO ARIAS TEIXEIRO, DE CABANELAS, PERSOEIRO BARROCO NOS ANOS DA ILUSTRACIÓN
Veremundo Arias Teixeiro (1742-1824) dunha sobranceira casa fidalga de Cabanelas.Persoeiro de ampla traxectoria relixiosa:Compostela, Salamanca, Pamplona, Valencia, cidade da que será bispo. Absolutista no debate liberal dos anos da francesada .

FLORES, O BARRIO DE A PARTE DE ATRÁS DO CONCELLO DO CARBALLIÑO
Flores é o barrio no que radica a orixe do Carballiño, o dos arrieiros e feirantes. Trátase de casas homildes, de cachote e madeira, con parra diante, as que beirean os camiños que , por Señorín, levaban aos Ribeiros. Reino dos alcumes e do traballo

A SAGA FAMILIAR DO ARQUITECTO GALLEGO JORRETO E O CARBALLIÑO
O arquitecto Manuel Gallego Jorreto naceu no ano 1936 no Carballiño, estando o seu pai de secretario do concello de Punxín. Vila na que pasa os seus catro primeiros anos e onde a súa avoa materna impartia clase. Vencellos que se avivarán cos anos

ARREDOR DAS PONTES SOBRE OS RÍOS DO CARBALLIÑO
As pontes unen. E o Carballiño como vila de encrucillada tende pontes de diferentes époas osbre o Arenteiro e o regueiro do Carrás: a ponte medieval de Veiga, a moderna de Toscaña, como os viaductos do ferrocarril... coa súa historia detrás

A FERVENZA ARTIFICIAL DO ARENTEIRO DAS TRES PENAS
Un dos lugares máis pintorescos e atractivos do Arenteiro é a fervenza das Tres Penas, a carón do Balneario do Carballiiño. Sorprendente cadeiro artificial que a máis de aproveitarse pra nutrir as aceas do antigo muiño (desparecido) sirve pro baño.

A PRAZA DE ABASTOS: CATEDRAL DO MERCADO GASTRONÓMICO E QUE, DE VELLO, HONRA AO CARBALLIÑO
A Praza de Abastos do Carballiño é unha singular construción do ano 1928, proxeto do arquitecto alaricano Conde Fidalgo, a iniciativa do deputado Xulio Rodriguez Soto. Espazos que acollen os mellores productos que de tradición representan á vila

PREGÓNS, VOCES, CANTOS E SONS DO MEU CARBALLIÑO
Teoría arredor dos sons do pasado, entre lembranzas do Carballiño...xa perdidas: a chamada do gando, o toque das campás, as músicas,os pregóns da feira e da festa, os cánticos dos albaneis e da igrexa, os vendedores de xornais, universo inmaterial

O CAMPO DA FEIRA DO MEU CARBALLIÑO
Paseo polas lembranzas da feira do Carballiño dos anos cincuenta. Encontros celebrados en día 16 e no fin de cada mes, caracterizado pola oferta e demanda de gando. A campa do cruce de Ourense era entón o fervedoiro nese ir e vir de xente co gando

O BULIR DA FEIRA DO CARBALLIÑO ARREDOR DO SITIO DA SÚA ORIXE : A PRAZA MAIOR E A IGREXA VELLA
Recorrido a través das lembranzas pola feira do Carballiño da metade do século XX. A vida arredor da Praza Maior e da Igrexa Vella: as pulpeiras, as panadeiras de Cea, o rastro de roupa usada, as telas, os cacharreiros...un mundo de vida e cor ...

A PEREGRINACIÓN A COMPOSTELA DOS DE “NÓS”, CON PARADA E FONDA NO CARBALLIÑO
O grupo ourensán de Nós en peregrinación a Compostelela, no anoitecer do 7 de xullo do 1926 deixan Dacón dos xamoneiros e entran no Carballiño, farán parada e fonda no Hotel Carlos....na mañán, cedo, seguen polas terras do Irixo, camiño de Silleda...

TEORÍA DE VICENTE RISCO SOBRE AS VIAXES A PE E PREPARATIVOS PARA UNHA PEREGRINACIÓN
Vicente Risco atopou no mundo celta as influencias orientais en relación con ese camiño, ou mellor ascese, vida-morte. Nada mellor entón que facer o camiño a pe, a través de aventuras e desventuras,convivindo coa paisaxe e coa paisanaxe , enxergando

FARIÑA JAMARDO, ALGO MÁIS QUE SINGULAR SECRETARIO DO CONCELLO DO CARBALLIÑO
Xose Fariña Jamardo, 1919-2008, cunha grande e experimentaa traxectoria, foi un gran profesional da administación local. Pasou a década dos anos cincuenta, do século XX, no Concello do Caraballiño, onde fortaleceu a súa fonda base galega e literaria

O CARBALLIÑO NOS HORIZONTES DA TRASALBA DE OTERO PEDRAYO
Recolleita de datos e lembras sobre as relacións de Ramón Otero Pdrayo co Carballiño, balneario onde sendo mozo o seu pai comenzou a exercer a medicina...terra de arrieiros ben coñecidos por don Ramón, así como de leais amigos na causa galeguista

A VELLA AMIZADE DE XOSÉ MARÍA CALVIÑO COS DE ´NÓS´, ENTRE A DE OUTROS CARBALLIÑESES
Repaso de amizades e compromiso de carballiñeses coas máis emblemáticas figuras da Xeración ´Nós´. Entre eles, Xosé María Calviño, Alfonso Vazquez Monjardín, Paco Mares, Porfirio, Chamoso... e o meritorio programa cultural de Manuel Blanco Quintela,

O RÍO ARENTEIRO, VEA DE AUGA, DE ECONOMÍA, DE HISTORIA E CULTURA
Breve paseo polas ribeiras do río Arenteiro, dende que se forma confluindo augas que veñen do Monte Faro e pasan por Oseira cos regueiros da Cruz da Grade... termas, minas antigas, pontes, fábricas de papel, muiños, serradoiros, piscifactorias...

FRANCISCO LUIS BERNÁRDEZ, O POETA MASIDAO QUE LEVABA PRENDIDO O PANTEISMO GALEGO
Paco Luís Bernárdez ( Bos Aires 1900- 1978), oriundo das terras de Amarante, pota e animador da vida cutural de Bos Aires, medio irmán de Aurora Bernárdez, a musa e legataria de Julio Cortazar, fixo das terras de Maside o seu ´locus amoenus´

O CASTRO DE SAN CIBRAO DAS LAS ENXERGANDO AS BOCARRIBEIRAS E OS RIBEIROS
San Cibao das Las é un dos castros antolóxicos da Gallaecia, tanto pola súa xeoestratexía como polas características da súa configuación, aportes en estructuras e artefactos. Asociado polos seus arqueólogos á documentada civitas de Lánsbrica

CHAMOSO LAMAS E OS GRANDES E VELLOS MUÍÑOS DE MOLDES
Chamoso Lamas proecupouse por rehabilitar e revitalizar edificacións de carácter tradicional. De xeito especial reparaou nos muíños do río Arenteiro, en Moldes, Boborás. Reconstrución artesanal guiada polo arquitecto Fernández Gago, hoxe pardiñeiro .

O ROMÁNICO, DOCUMENTO DA MISIÓN HUMANISTA NAS TERRAS DO CARBALLIÑO
O historiador da Arte Chamoso Lamas dedica os seus primeiros traballos a documentar o singular románico das terras do Carballiño. Sinxelos templos que á beira dos camiños reais, influenciados polo cister, anuncian o gótico, protogótico pois

BANGA DOS PAZOS E A SÚA IGREXA DE SANTA BAIA: ANTOLOXÍA CULTURAL DOS RIBEIROS
Banga é parroquia situada entre o Ribeiro do Avia e o Arenteiro. Lugar de concentración histórica, de pazos, como o da familia Quiroga e dunha Igrexa que dende o Románico mostra o acontce, con apoteose no século XVI: a súa singular pintura mural

INSPIRADORES IRES E VIRES DA CONDESA DE PARDO BAZÁN DE MARINEDA A VILAMORTA NO RIBEIRO DOS QUIROGA
O matrimonio formado polos fidalgos Emilia Pardo Bazán e o carballiñés Xosé Quiroga viaxan ás terras e predios do marido polo tempo da vendima, coincidindo coas festas e o aniversario da condesa escritora, a que atopará aquí fonte de inspiración

OS ARRIEIROS DO CARBALLIÑO...E UN CURIOSO DOCUMENTO
Introdución á arrieiría e aos vellos camiños na encrucillada do Carballiño e presentación dun documento coas reclamacións do arrieiro Silvestre do Campo ao Capitán Xeral de Galicia denunciando os abusos cometidos polos seus representantes

UN PASEO A TRAVÉS DA ARTE DO IMPERIAL MOSTEIRO DE OSEIRA
Recorrido a través das arquitecturas do Mosteiro de Oseira. Fábrica Románica, Gótica que conta coa presencia de Juán del Castillo, mestre do Manuelino; no Barroco cos grandes mestres da escola de Domingo de Andrade...o Neoclásico e a Desamortización

O MOSTEIRO DE OSEIRA... LECCIÓN DE HISTORIA E ARTE
Polo 1137 catro ermitaños asentase en Oseira, a eles sumaranse frades vidos de Claraval pra insruilos na misión humanista do Cister. Os intereses políticos de construir un imperio van unidos e con eles os viñedos, os soutos, as feiras, a arrieiría...

MANUEL CHAMOSO LAMAS E A XESTIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL
Introducción á traxectoria do historiador da Arte e xestor do patrimonio cultural M. Chamoso Lamas ( 1909-1985), cunha importante labor na documentación, así como na reahabilitación e revitalización de monumentos en función co seu contexto

CANDO A ORIXINALIDADE RADICA NAS ORIXES: ARREDOR DA FEIRA DO CARBALLIÑO
Previlexios do 1728 asentan o paso da feira de Cea ao lugar do Carballiño, onde xa podería existir antes e sen regularizar, este tipo de encontro. Asunto que crea litixios entre o Mosteiro de Oseira e a Encomenda de Beade, interesados na recadación .

OUTROS APUNTAMENTOS PARA A HISTORIA DO CINE NO CARBALLIÑO
A prehistoria e a apoteose da fotografía e do cine van en paralelo coas orixes do Carballiño, vila nacida arredor da feira. Fotógrafos como Campinas ou Godas, empresarios do cine como Isaac Fraga, a familia Neira, Román Álvarez marcaron un frorecer

A RESIDENCIA DO CARBALLIÑO: OS PROMOTORES, O ARQUITECTO, OS RESIDENTES...
A Obra Sindical do goberno da dictadura franquista creou un programa de ´Educación y Descanso´ con residencias vacacionais, ente elas a do Cabralliño, aberta no 1958 e inaugurada polo dictador no 1962. Obra do arquitecto Mariano Rodriguez Sanz

O MONUMENTO AOS IRMANS PRIETO DO CARBALLIÑO E O SEU ESCULTOR LARRAURI
Mateo Larrauri foi escultor nacido e formado na Compsotela de fins do século XIX, cunha ampla traxectoria como gran retratista escultórico. A súa obra máis representativa é o monumento aos Irmáns Prieto no Carballiño (1915-1935) cun longo acontecer

ARQUEOLOXÍA DO MEGALITISMO NAS TERRAS DOS CARBALLIÑO: AS MÁMOAS, MEDORRAS, MEDELAS....
Repaso de noticias de achados e monumentos de carácter Megalítico nos arredores do Carballiño: as mámoas, eses túmulos sobranceiros na paisaxe, dominando territorio no que se domestica á natureza, aos animais e aos mesmos seres humanos con normas.

AS PANTASMAS DO HISTÓRICO “GRAN BALNEARIO DO CARBALLIÑO
Repaso da historia dos balnearios do Carballiño e Partovia. Manancias termais documentados xa no século XVIII polas súas propiedades. Recursos que entran en litixio pola propiedade, pra no século XX pasar a ser da familia Quiroga Pardo Bazán

ARREDOR DO PALEOLÍTICO NAS TERRAS DO CARBALLIÑO, AS PESCUDAS...
Introducción ao estudos do Paleolítico nas Terras do Carballiño, nunha e noutra banda do Arenteiro e do que abondan no Museo de Ourense achados realizados dende mediados do século XX ao presente. Tratase de machados, núcleos, lascas de pedra tallada.

O MES DE MAIO NO CARBALLIÑO.... “AQUELES DÍAS AZUIS E ESTE SOL DA INFANCIA”
Lembranzas do mes de maio no Carballiño do nacionalcatolicismo: os rosarios da aurora e da escola, as prcesións, as excursións da cataquese e os lugares escollidos... soleados días con recendo a cinamomo ,clavellina e incienso

RAMÓN BERNÁRDEZ GONZÁLEZ, UN CARBALLIÑÉS NA “COVA CÉLTICA” E FUNDDOR DA ACADEMIA GALEGA
Introdución e clarificación biográfica ao irixán Ramón Bernárdez González (1838-1911), Abade da Colexiata da Coruña, activo intelectual e liberal entre os da Cova Céltica e que con Murguía e Curros foi fundador e xestor da Academia Galega.

A IGREXA VELLA DO CARBALLIÑO COA SÚA GABANCIOSA TORRE
A fins do século XIX o Carballiño sinte a necesidade de crear a nova parroquia, escindidose de Señorín, comeza a tramarse a edificación do templo. O arquitecto será o o da diocese , J. A Queralt ao que sigue Vázquez Gulias e encárganse os retablos

O DESAPARECIDO CHALÉ “COL” E A LEMBRANZA DA EMIGRACIÓN CARBALLIÑESA A CUBA
No 1937 rematase de construir no Carballiño o ´Chalé Col´, encargo do emigrante a Cuba, Secundino Castro...que non poido ver cumprido o seu desexo de retornar e habitalo. Mercado polo ´Chis da Salomé´, parte dunha saga familiar tamén de emigrantes

O BISCOITO “MEIMÓN” DO CARBALLIÑO E A DÚA RECEITA RECOLLIDA POLA PARDO BAZÁN
É esta unha ollada cara atrás, á repostería dunha vila nacida na encrucillada, da feira. Ondeo pan e o viño tiñan especial significación. Ben o sabía a Pardo Bazán, pra trasmitirnos a receita daquel bizcoito ´meimón´ de sona e a recuperar hoxe

AQUELAS SEMANAS SANTAS CARBALLIÑESAS, DE RAMOS, CARRACAS, CALADIÑOS E PASCUA FLORIDA
Paseo ambiente da Semana Santa do Carballiño da metade do século XX: a devoción á Virxe dos Dolores, os ramos de loureiro cortados nas Adegas, o estrondo das carracas no Acto de Tebras...a procesión dos Caladiños, o año asado e o roscón da Pascua

ARQUEOLOXÍA PENDENTE: A DAS GRANDES MINAS AURÍFERAS DE LOUREIRO, NO IRIXO
A cunca do río Arenteiro mostra abondantes vestixios como ´grobas´, ´medelas´... que responden a explotacións mineiras da Antigüidade, en relación con castros. Entre elas a grandeza do comprexo mineiro de Loureiro, Irixo, aínda pendente de estudos

UNHA ABRAIANTE XOIA DA ARQUEOLOXÍA: A ARRECADA DE OURO DO IRIXO
Unha das pezas atractivas da Arqueoloxía Galega é a errecada atopada no 1905 no castro de Cardededo do Irixo. Delicado traballo en filigrana, repartido en dúas parte: a penanular que pinza na orella e a trianguar. Denótanse as influencias orientais

AS TRADICIÓNS DO ENTROIDO DO CARBALLIÑO
Lembranzas dun neno da metade do século XX e do tempo do Entroido no Carballiño. Días celebrados en salas e pola rúa, coa concurrencia dos ´felos´, tratantes montados a cabalo co seu traxe e o sombreiro cuberto de cintas de cores e espelliños

MEMORIAS DA CORESMA, O REVERSO DO ENTROIDO
Na metade do século XX o Nacionalcatolicismo manifestábase con todo o seu énfase da Coresma, esa corentena que comeza o Mércores de Cinza e remata na Pascoa Frorida: días de loito, vixilia, de xaxún e Exercicios Espirituais...

A CASA CONSISTORIAL DO CARBALLIÑO, PROTOTIPO DE INQUEDANZAS DECIMONÓNICAS
O nacemento do Concello do Carballiño parte dos principios constitucionais das Cortes de Cadiz, 1812. Axiña se prantexan a construcción do edifiicio do Concello e un novo urbanismo, proxectos revisados pola Academia de S. Fernando de Madrid

A NOVAS REVISIÓNS MÁIS “ CASTROS” NAS TERRAS DO CARBALLIÑO
No 1930 o Seminario de Estudos Galegos publicou o ´catálogo dos Castros do Carballiño´. Proposta que abre a un traballo susceptible de novas actualizacións. Iso é o que se propón no abreviado complemento que segue, sumando criterios persoais

O CATÁLOGO DOS CASTROS DO CARBALLIÑO DO 1930... E MÁIS QUE HAI
No 1930 nos Cadernos do Seminario de Estudos Galegos e na Sección de Prehistoria publicouse o Catálogo dos Castros do Carballiño. Traballo coordenado por Cuevillas e a parte de folklore por Risco. Obra pioneira que abre portas a novas revisións

LEMBRANZAS DO NADAL DE NOUTRORA NO CARBALLIÑO
Repaso dalgunhas tradicións do tempo do Nadal no Carballiño: oBelén e a Árbore, a cea familiar da Noiteboa, a Misa do Galo , o ´Día das Pegotas´, a Noite do San Silvestre...os vilanicos da véspera dos Magos...e sempre presentes os ausentes

O RELOXO DA CONSISTORIAL DO CARBALLIÑO E O SEU XENIAL AUTOR
Galiza é terra de grandes reloxeiros, como Ramón Antonio Iglesias Abelleira, compostelán formado en Londres, Neuchatel e Madrid, establecido na Coruña, Arredor de 1860 autor do reloxio da Consistorial do Carballiño. Arqueoloxía industrial por facer

A VERACRUZ DO CARBALLIÑO: LECCIÓN DE PEDRAS, ARTE DOS CANTEIROS E DA HISTORIA DA ARQUITECTURA
Apuntes sobre a construcción do templo da Veracruz do Carballiño: dende 1943 en que se inicia o proxecto ate 1961 cando morre o párroco promotor. Monumento, representativo das inquedanzas modernistas, simbolistas e galeguistas da xeración ´Nós´

PEPE PRADA, UN PREMIO Á CREATIVIDADE, Á CONSTANCIA E Á DIGNIADE NA CULTURA
Pepe Prada é un procurador do Carballiño e de pura cerna, dedicado a cultivar e espallar valores da identidade galega, carballiñesa,os que se circunscriben na cultura . Traballo de constancia, en silencio, de entrega, que nada pide e nada debe, LIBRE

A DEVOCIÓN AOS SANTOS MARTIÑOS, CELEBRADOS CON MAGOSTOS EN GALICIA
Cada 11 de Novembro na vella Gallaecia (Bracarense, Asturicense,Lucense) celebrase aos santos Martiños, ao de Dume e ao de Tours que remata solapando ao primeiro. Día no que culminan as fogueiras dos Magostos coas castañas asadas. Tempo de matanzas

TEMPO DE SANTOS, DEFUNTOS E MAGOSTOS NO CARBALLIÑO DO MEU TEMPO
Crítica da imposición de versións anglosaxonas contemporáneas de tradición celta irlandesas de Novembro, como o Samahaim e a amereicana de Halloweem, cando en Galiza os ritos do lume, das sementes, son máis abondantes e baixo o nome de Magostos

A FONTE DE FLORES, ABRINDO AO CARBALLIÑO
No 1890 como campa no seu coroamento consrtuíuse a Fonte de Flores, nese barrio do Carballiño, coa ansia de dar servizo a unha vila de feira de sona. Deseño do xefe de Obras Públicas de Ourense Leopoldo Varela e dunha cuadrilla de canteiros da vila

UN EXEMPLO DE DESTRUCCIÓN CULTURAL : A IGREXA DE SAN PAIO DE LOEDA,PIÑOR DE CEA
Loeda é unha parroquia situada no Camiño Mozárabe a Compostela, ao que asoma o seu vello templo parroquial: aberto, desamparado, co tellado derrubado e os santos aínda nos seus retabos. Motivo pra facer unha chamada urxente que implica a todos

A PARROQUIA DE LAUREIRO, NO IRIXO, E O ARQUITECTO NEOCLÁSICO LOYS MONTEAGUDO
Estudosos identifican o lugar de Alen, na parroquia de Santa Mariña de Loureiro, Irixo, como o do nacemento do arquitecto neoclásico Loys Monteagudo. Parte dunha familia de constructores, bolseiro en Roma, distinguido pola Academia de San Fernando...

LEMBRANZAS DE PINTURA MURAL NO CARBALLIÑO
Lembranza de algunhas pinturas murais: as desaparecidas de Virxilio que decoraban a Residencia do Carballiño, os da Estación do Ferrocarril, de Prego...entre outros menores e as propostas de Xaime Quessada pra medianeiras que afean a vila

MACHADOS DE “TOPE” DA IDADE DO BRONCE ATOPADOS NO MONTE DE MESEGO
Iniciados os anos sesenta, a un tempo que se finalizaba a construción da Residencia do Carballiño e a súa gran escalinata, nas inmediatas obras dun chalet atopáronse dous machados ´de tope´ de finais da Idade do Bronce, aprox. 700 a.C.

A IMAXE DO SAN CIBRAO DO CARBALLIÑO E O SEU ESCULTOR, ALDREY
A imaxe do padroeiro do Carballiño, San Cibrao de Cartago é da autoría, entre outras do templo da Veracruz, do escultor compostelán Aldrey. Imaxe acorde non so co templo, mesmo tamñen co carácter dos carballiñeses, abertos ao mundo

A AUGA E AS FONTE DO CARBALLIÑO
O Carballiño é terra de boas augas, tamén miñeiro medicinais, balneario. Mostrario pois de diversas tipoloxías para dar servicio ao camiñante: dende minas, a arquetas e xa as máis elaboradas e monumentais , decorando prazas e chalets

VESTIXIOS DE SEPULTURAS DA PRIMEIRA IDADE DOS METAIS NO PARQUE DO CARBALLIÑO
Os Cadernos de Estudos Galegos de 1958 da man de Chamoso Lamas dan noticia dun achado casual ao afondar nos alicerces para un chalet no Parque do Carballiño. Trátase de estructuras para seputuras planas e cerámica da primeira etapa da metalurxia

NOTICIA SOBRE RESTOS ROMANOS NO PATIO TRASEIRO DO GRUPO ESCOLAR DO CARBALLIÑO
Recollemos esta noticia ofrecida por Cuevillas no Boletín da Real Academia Galega de 1927. Proba dun enclave posiblemente mineiro, en relación con outros vestixios do mesmo tipo nunha zona e bisbarra fondamente romanizada, de castros e minas

O PINTOR DE MARIN MANUEL TORRES NO CARBALLIÑO
Son as lembranzas dun neno arredor dun pintor que nos veráns da metade do século XX pasaba tempadas no Carballiño interpretando as súas paisaxes. Era Manuel Torres de Marín. Ao cabo dos anos, emocionado, recórdamoslle,aqueles inspiradores paseos

E ASÍ NACE “O CANTIGUEIRO DE ORCELLÓN” DE MANUEL MARIA E ALGO MAÍS...
No 1983 Manuel María entrégalle aos seus amigos da Agrupación ´Avantar´ do Carballiño o ´Cantigueiro de Orcellón´ , un feixe de poemas de varias feituras, populares e sempre amosando a súa fonda cultura e amor a unha Terra coa que se identificaba

MANUEL MARIA, O CARBALLIÑO, AS BOCARRIBEIRAS E OS RIBEIROS
Dende fins dos anos setenta o poeta chairego Manuel María manten fondos vencellos de amizade co Carballiño. Farao a través da mocidade animadora da Agrupación Cultural Avantar. Amigo de tripar a terra, como il dicía, falando do futuro de Galiza

CERTIFICADO DE AUTENTICIDADE PARA O GRAFFITI CARBALLIÑÉS DE “MUELLE´
No Carballiño e no Cruce da estrada de Ribadavia resiste un graffiti do pioneiro destes ´tags´, o madrileño Carlos Argüello que asinaba como ´Muelle´. Marca que coincide en espazo e tempo con outros do mesmo e tamén rockeiro do barrio de Campamento

A MADEIRA NAS MAIS ANTIGAS CONSTRUCCIÓNS DO CARBALLIÑO
Repaso dunha antiga arquitectura en madeira, policromada en aceite, complementando a estructura básica en pedra. Desapareida e da que apenas quedan pegadas ou documentos. Construccións que caracterizaban o entorno orixinario da feira

PASADO E TRISTEIRO FUTURO DA ESTACIÓN DO FERROCARRIL DO CARBALLIÑO
Unha das grandes obras do Carballiño foi a Estación do Ferrocarril que, coa Veracruz, abría a un novo Carballiño... obra de equipo, coidando o deseño, a estética e cavilada para un futuro que non foi. Na actualidade nun lamentable estado

O SITIO ARQUEOLÓXICO DA PENA DOS ENAMORADOS
Análise das posibilidades arqueolóxicas do sitio da Pena dos Enamorados nunha revolta do rio Arenteiro, a carón de vellos muiños e da decemonónica fábrica de papel. Sitio relacionado con antigos cultos fecundativos que serán cristianizados

O CASTRO DE CAMEIXA REFERENTE NA ARQUEOLOXÍA GALEGA
A guerra civil española segou moitas inicativas que tentaban estudar as orixes de Galiza. As pescudas do arqueólogo López Cuevillas no Castro de Cameixa, Brués, remítennos ao orixe da cultura castrexa no sc. VI a C. en relación coa minería do ferro.

TERRA, AUGA, LUME E AIRE NO SAN XOAN DE ANTES
O panteismo ´céltico´ faise ben patenta na noite de San Xoán, a do solsticio que abre ao verán: danzas ao redor das fogueiras, cedo lavarse coa auga e as prantas, abrir as xanelas e airear a casa... pervivencia de ancestrais ritos de purificación

HISTORIAS E LENDAS ARREDOR DO PUZO DO LAGO, MASIDE
Introdución á importancia arqueolóxica e polo tanto cultural do Puzo do Lago, en Maside: explotación mineira aurífera de época romana, inundada ao cabo dos anos. Puzo sobre o que se tecen inspiradoras lendas en relación coa arrogancia e a avaricia

APUNTAMENTOS ARQUEOLÓXICOS SOBRE AS TERRAS DO CARBALLIÑO
Un xeito de encetar unha serie de artigos que siguen abaixo e que teñen como obxectivo furar no pasado, nas investigacións arqueolóxicas, nas lembranzas e nos contos do Carballiño,coa ansia de sensibilizar, enxergando como unhas cousas levan a outras

INTRODUCCIÓN
Información relacionada co lugar