Benvida

Ampliar: Felipe Senen

Ampliar: Felipe Senén por Xurxo Lobato

Ampliar: Magna Grecia



a algo sempre por facer....

Poida que a casualidade, algún interese inicial sobre os epígrafes que aquí atopamos, ou mesmo as referencias a quen esto escribe, te trouxeran deica eiquí. Cousa que ben agradecemos, como seres sociais que somos, na procura do ser e do existir na inmensidade intemporal. Máis aínda nestes tempos desbaraxustados, de presas e de supermercados, onde todo, todo se fai mercancia.

Coincido con Mario Benedetti en moitas cousas en darlle luz ao lado escuro do corazón, e máis aínda en que ´ O máis revolucionario hoxe en día é conservar a alegría´

Lembramos e afondamos sempre naquela parábola debuxada por Castelao: ´Prantaron un arboriño e protexérono de estacas... pero o arboriño secou e as estacas prenderon.´ Non se trata máis que , non ser ´estaca´, se non máis ben velar polas raiceiras da árbore, polas súas ponlas, gromos e froitos que medran e maduran cara á luz... coñecernos e facer país. Esto é afiar a sensibilidade (todos os sentidos, tamén os da intuición) para enxergar noso tempo, noso espazo, nosa sociedade, o devalar. Asi entramos no ´Nós´ que somos, en relación tolerante cos demáis: mirando atrás, facendo memoria, cun punto de partida nun camiño de buscas que nos identificará por onde pasemos, a casa e Galiza.

Canto sigue é gostoso e solidario esforzo de comunicación que parafraseamos na ansia de buscar e espallar o humanismo, eso que nos pon os pes no humus de ida e volta, onde todos somos necesarios e ninguén imprescindible.

Miña boasvindas