Conversas arredor da mesa de pedra (Artigos)

A historia do cabalo en Galiza, a importancia na milicia, no transporte...na cultura
Introdución á historia do cabalo, parandose na súa domesticación en Euroasia, o emprego na milica, no transporte en Sumeria...o trunfo na cultura céltica e en Galiza.... na arte, as pervivencias etnoarqueolóxicas: rapa das bestas, feiras cabalares...


Sobre as ilustracións de Althea Gyles (1867-1949) para a obra de W. B. Yeats e para o mevemento céltico irlandés, a súa influencia en Galicia, no grupo Nós, en Castelao para a portada de Nós: o símbolo da árbore, raiceiras na Terra, ponlas á Luz

11 de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos
Cavilares arredor do tempo que vai da vendima á castañeira, cando se recollen e se ofrecen as castañas asadas: o tempo dos Magostos, tan celebrado nese Ourense que ten como padron ao santo cristianizador dos celtas, san Martiño: castañas e viño novo

Novembro dos Defuntos, das Benditas Ánimas, dos cemiterios e dos Magostos
Exposición da idea da Pardo Bazán sobre a representación popular da Morte en Galicia. O senso do Tempo de Defuntos e Magostos, Novembro, agora comercializado como entroido outonal:colonización do gaélico Samaín ou do estadounidense Halloweem

O Tempo de Defuntos: ensarillar de tradicións celtas e cristiáns, tan mediatizadas hoxe
Análise do acontecer coa tradición festiva do Tempo de Defuntos, sometido á comercialización ´gore´do Halloween estadounidense e de menor xeito co goidélico Samaín, tradicicións célticas con fondo sedimento en Galiza arredor dunha morte amable

O libro e a innovación das bibliotecas, centros de información e formación contra a idiotez
0 Reflexión arredor do libro e das bibliotecas na IV Revolución Industrial, a das novas tecnoloxias e o papel seductor das bibliotecas. Como exemplo a teoría e praxe do escritor coruñés Cesar A. Molina para a súa biblioteca na Dput. Prov. da Coruña

O vidro coruñés: dende a fabricación dunha redoma a vestir un edificio de galerías
Sintese histórica das románticas e modernistas fábricas de vidro coruñés e asturianas, onde a famlia del Adalid desempeña un importante papel. Fábrica de botellas, de vidro plano... historia exemplarmente recollida polo Museo de B. Artes de Asturias

O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega
Cavilares arredor da casa tradicional galega, a que no fronte e a modo de viseira deixa asomar unha parra, quizais sobre bancos e mesas: sombra no verán e que na invernía permite furar ás raiolas do sol. Poética dese universo que é a vitivinicultura

Pepe Paz, o pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz
Lembranza do pedagogo ourensán Pepe Paz (1948-2021) vida dedicada á educación pola igualdade e a paz, prendida na ética e na estéticas de Tagore, até reunir a maior bibloteca sobre o polígrafo bengalí e pasar tempadas de estudo en Santiniketan

San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros
Diferenciación entre dous santos que se confunden: San Cibrao de Cartago e o San Cibrao de Antioquía, tamén coñecido como ´o Mago´ ao que se lle atribúe a autoría dun libro, grimorio sobre feitizos, esconxuros, exorcismos e tesouros dos mouros

Vandalismo, turismofobia ...a cuestión é educar, na teoría e na praxe
Reflexión sobre as causas das contradicións que caracterizan a sociedade dos supermercados....cando se esgaza a convivencia, a igualdade, o respecto ao patrimonio cultural, etc. A cuestión está nunha educación que atinxe a tod@s e en cada intre.

A olaría de Buño, unha tradición galega cargada de historia e mitos
Buño de Bergantiños é importante centro oleiro que sigue fondas tradicións, as que mesmo enraizan no mundo castrexo. Produción caracterizada pola habilidade oleira, polas formas, polo vernizes... espallada en mercados polos xalleiráns

Buño e o seu simbólico porrón de roda, de rosca ou de temón
Entre as obras máis singulares e difíciles da oleiría galega está o botixo de temón ou de roda de Buño. Peza con fondo e tradicional simbolismo cosmogónico: a roda e o galo... e que, pola súa forma, motivos, verniz... caracteriza aos seus artesáns

O sartego do bispo de Iría Teodomiro, o mito, a historia e a actualidade
No 1955 o historiador Chamoso Lamas atopa nas escavacións arqueolóxicas da catedral compostelá unha lauda co epígrafe de que alí están os restos do bispoTeodomiro, anos da aparción da tumba de Santiago, o 813. Xorde entón a polémica, aclarada hoxe

“Irmán lobo”, entre o amor e o odio unha vella historia de convivencia
Introdución á historia do lobo en Galiza, territorio no que máis abonda e cando un tribunal europeo dicta que é especie protexida. Cazarias, trampas son parte da loita contra o lobo, sendo os poderes púbicos os que deberan velar polo seu equilibrio

Agosto, concentración de feiras, festas e romarías... e do botellón
Reflexión arredor dos campos de feira e festas... abertos, adaptados á temporal concentración festexeira, ao cabo dos anos reconvertidos en aparcadoiros, escaparate de intervencionis, que, agora conduce á riada de concurrentes a invadir espazos BIC

Viquingos en Jakobsland: “Ad furore normanorun liberame domine”
A raiz dunha mostra que se presenta no Mueso da Historia do Gaías sobre os viquingos faise aquí unha reflexión sobre as incursións dos destros mariñeiros nórdicos polo atlántico, a penetración en Galiza cara a Jakobsland dos peregrinos

Compostela, rebordando mitos, sombras e historia arredor dun sartego
Introdución á riqueza cultural de Compostela, como capital do universo celta: a arqueoloxía arredor dun sartego, a historia, os mitos:Iría, Duio, a Raíña Lupa, os montes Ilicino, Libredón, a Arca Marmórica... fonte de inspiración para a creación

O Pico Sagro, sentinela na cerna dos vieiros, anuncio da chegada a Compostela
O Pico Sagro , en terras de Boqueixón e Vedra, anuncia a chegada a Compostela. Singular enclave na mítica Transalatio do corpo morto do Apóstolo polos seus discípulos, entre aventuras e desventuras: serpes, touros bravos, o pazo da Raiña Lupa...

A Torre de Hércules, sentinela no Atlántico, cousa de onte, de hoxe.... e de sempre
Longo camiño o da Torre de Hércules deica a súa inscripción no Listado de Patrimonio da Humanidade o 27 de xuño do 2009, para o que foi dicisiva a determinación do entón Ministro de Cultura e polígrafo, coruñes de cerna, César Antonio Molina

A Brocéliande gala, Galiza e os bosques máxicos dos celtas
No bosque bretón de Brocélandie sitúanse moitos dos miticos aconteceres de Arturo e Merlín, mesmo a lenda do principe galego Ponto, que se casa cunha princesa e sementa unha faia...Rememorar de lendas célticas cristianizadas, agora coa busca do Grial

As orixes da Real Academia Galega de Belas Artes no seu 175 aniversario
Por Real Decreto de 1849 créase a Academia Provincial de Belas Artes da Coruña, unha das 12 que se reparten polo reino, coa misión da salvagarda do patrimonio cultural, polo ensino das artes e a creación de museos. Misión que non deixou de ser

A galeguidade do arquitecto Antonio Palacios
Antonio Palacios (Porriño 1874-Madrid 1945). Arquitecto do Madrid modernista, con importantes obras en Galicia, caracteriadas polo uso das pedras, a incorporación dos artesáns, os canteiros, así como polo xogo estilístico coa historia da arquitectura

O San Xoán, a festa pagán da natureza, cristianizada... e profanada
Noite e día que cristianizado traslada o solsticio ao 24, dedicada ao santo do bautismo. Confluir dos Catro Elementos...celebrada en ritos tradicionais...con novas e acertadas incorporacións, como a sardiñada, outras non tanto , como levala ás praias

16 de xuño, a procesión do Bloomsdey por Dublín, rememorando o ULISSES de Joyce
Dende 1954 Dublin celebra as 18 horas daquel día 16 de xunio de 1904, repartidas nos 18 capítulos da singular novela ´Ulisses´ Joyce. Obra que estivo moi nas miras dos ´inadaptados´ da Xeración Nós e que abrea a novos camiños no xeito de contar

A casa de Novoneira no Courel “Feita, fai cen anos... á miña maneira”
En Parada do Courel abre portalón a casa do poeta Novoneyra, tamén a sú tumba, emproando ao souto. Continente labrego que alberga lembranzas, inspiración poética e pola que pasaron cregos, deputados, a poeta María Mariño, Manuel Maria, Oroza ...

O Laboratorio de Formas de Galicia e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside
Os creadores Díaz Pardo e Luis Seoane, xunto co saber de intelectuais, moitos deles exiliados en Bos Aires, crearon no 1963 o Laboratorio de Formas de Galicia, espazo de reflexión e praxe sobre ética e estética en Galiza, base dun Museo de Arte

O Monumento a Curros da Coruña como “Altar´ de galeguidade
O 11 de agosto de 1934 inagurouse no Recheo coruñés o monumento ao poeta Curros. Acto coa presencia do Presidente da República.Obra de Asorey representativa do sentir galeguista: como un árbore que se ergue do caos Terreal cara á luz da Esperanza

Os museos galegos nun “Día Internacional dos Museos”
Dende 1977 o ICOM celebra a xornada de cada 18 de maio como ´Día Internacional dos Museos´. Pois velaquí unha reflexión, a partir da nova definición, sobre a necesidade de inversión nestas institucións para a información e a formación do humanismo

A eterna e alegre primavera nas creacións de Peteiro
Lembranza do pintor e escultor coruñés Jorge Peteiro (1959-2013) creador formado na Escola de Belas Artes de Valencia, coñecer de preto da transvangarda, para escoller camiños propios, de cor e alegría, case de vitral na interpretación da paisaxe

Asorey, o artista que soubo poñer “espítito” ás súas esculturas
Francisco Asorey González (Cambados 1899-1961 Compostela) Escultor caracterizado por dignificar a cultura galega, inspirado no popular, nas tradicións, seguindo as pautas da creación Decadentista, outorgando ´espírito de Terra´ as súas obras

O humor líquido de Xaquín Marín
Introdución á biografía do humorista gráfico ferrolán Xaquín Marín, caracterizado pola súa singularidade de forma no debuxo e fondo: a crítica á sociedade de consumo, á deshumanización, á insolidaridade... tratadas dende un estilo inconfundible

O “Espírito” de Galiza na arquitetura de Antonio Palacios
Aproximación á significación da obra do arquitecto Antonio Palacios ( Porriño 1874- Madrid 1945). Grandilocuentes arquitecturas nas que están presentes a pedra e os artesáns de Galiza, así como un tratamento especial coas arquitecturas históricas...

Wili, a espontaneidade dun creador cargado co “Espírito” das Terras do Deza
Cavilares arredor de Wili (1962-2006), mozo de espíto creador natural da aldea de Botos, veciño e amigo de Laxeiro. Caracterizado pola súa expontaneidade para a creación de totems de singular primitivismo nun auténtico entroido, reino de alegría

Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza
Cavilares arredor de tradicións célticas e cristians que caracterizan a cultura galega, en relación cos magos e con outros ´homes do saco´: o homilde carboeiro Apalpador e osMagos que, esperanzados, acoden a un cortello a axionllarse ante unha Nai

As bestas do far west, o extremo oeste europeo
Comentarios ao leaureado film ´As Bestas´ (2022) de Rodrigo Sorogoyen, inspirado nun caso acontecido en Galiza (1997 e 2014): o encontro duns ecoloxistas franceses co máis abandoado rural galego. A visión e actuación hiperenxebrista, a aculturación.

Unha exposición en Ourense para furar nas orixes escultóricas galegas: “A Plástica Castrexa”
Comentario arredor dunha mostra de escultura castrexa. Fondos do Museo de Ourense que ofrecen un amplo repertorio de frisos, estelas, cabezas cortadas, guerreiros, sedente, tarascas...lazos, xeometrías, cosmogonías, imaxinario propio do mundo celta

Entroido galego: variedade, ostentación, tradición, creación... competencia
Unha das festas mais tradicionais de Galiza é a entrada na primavera, a corentena do Entroido: gran variedade de máscaras, con orixes que se perden na prehistoria e recollen elementos de cada tempo. Festa de tradición e creatividade, gastronómica

´A Cultura non vende nin da votos´
Reflexións arredor da cultura como valor de uso, algo que ´levamos posto´ e que nos define, fronte á cultura como mercancia ou liturxia. Os perigos que ofrece o turismo cultural, cando os conextos se chinguitizan, faltando centros coordinadores

O San Xoán, avivar a tribo no humanismo: Lume, Auga,Terra, Aire... e Sardiñas
Case coincidindo co solsticio de verán, cristianizado polo San Xoán é o momento do encontro de tradicións que artellán ao ser humano co humus, co humanismo. Reflexión sobre o estado de aculturación das tradicións: a invasión das praias, o botellón...

Aqueles sitios e museos literarios visitados por Manuel María
O poeta Manuel María gostaba de coñecer e pisar aqueles sitios onde viviron os seus grandes escritores admirados, non so galegos: Francis James, os Machado, Chateaubriand ... en Agrigento a casa de Pirandello, a de Graza Deledda no Nuoro sardo ...

A mercancía ´cultural” na ditadura dos supermercados... versus o herdo do Seminario de Estudos Galegos: as “Industrias da Memoria”
A Cultura Galega vese sometida a varios xeitos de aculturación, o que repercute tanto nos comportamentos, como nas formas ou no idioma...no que verdadeiramente é a cultura, máiis alá de entendela como unha mercancia para liturxas e mercadeos

“Magnífica, absoluta, soberana” dedicou Rosalía sobre o abano da Condesa de Pardo Bazán. Por Felipe-Senén
Aspectos que caracterizan a obra de Emilia Pardo Bazán: aristocrática, omnipresente, fina observadora que contrasta o ambiente cortesán co rural. ´De mi tierra´ exrpresa o seu sentimento cara a Galiza, contestación a ´Los precursores´ de Murguía.

Inspiradres ires e vires dos Quiroga Pardo-Bazán: de Marineda á Vilamorta
E. Pardo Bazán (1851-1921) casase en Meirás con J.Quiroga e Perez de Deza ( 1848-1912) un 10 de xullo 1968. Tiveron tres fillos, Jaime, Maria Nieves e Carmen. Primeiros anos de inspiradores viaxes, polo tempo da vendima, ao pazo dos Quiroga de Banga

Piranesi na Sala de Grados de Fonseca 2021
No Salón da compostelán de Fonseca exponse unha serie de gravados de Piranesi, da Colección do Museo do Gravado de Artes (Ribeira) en especial das cotizadas ´Carceri´, suxerentes e lúgubres ´caprichos´ que abren ao subrrealismo e ao realismo máxico

(I) Piranesi: escenografías de soidades dende as que ceibar o realismo máxico
Introducción á vida e á obra do gravador, Piranesi, con motivo dunha mostra súa en Fonseca (Compostela). Prototipo da Ilustración e da suxestión persoal, que aporta ao neclasicismo e á Arqueoloxía notable documentación gráfica sobre a Roma Antiga

Bens de Interese Cultural (BIC): Responsabilidades dos Concellos e demais Poderes Públicos sobre petróglifos, cruceiros, hórreos, escudos, castelos..
Leis e aparato administrativo pra salvagarda do Patrimonio Cultural non faltan. O que falta é o seu coñecemento polos Poderes Públicos, os que deben velar polo seu cumprimento. Comezando polos, BIC: petróglifos, cruceiros, hórreos, torres, escudos...

Os “Ronseis Tatuados” de Soledad Penalta
Interpretación da obra da escultora Soledad Penalta: a súa orixe nas xeometrías da Noia mariñeira, no simbolismo das siglas de Santa María...as pescudas polos camiños andados, un xeito de ascese, esculturas con alas que da Terra aturuxan ao Ceo

Tongobriga, castro situado sobre o curso final do Tamega:lección pra furar nas súas orixes ´célticas´, así como na asimilación polos xeitos romanos
Tongobriga, un castro imprecindible na “Gallaecia Bracarense”

Un esquecemento imperdoable: o Museo Mariñeiro de Combarro
Por iniciativa e xestiós do historiador Chamoso Lamas no ano 1969 creábanse por decreto varios Museos de Artes e Costumbres populares, entre eles o Museo Mariñeiro de Combarro. Pra elo adquiríronse varios inmobles. Pasado o tempo perdéuse memoria...

4- A Teosofía nas ilustracións de “Nós”: a ascese a través da árbore cara ao Graal e á Luz
A revista ´Nós´, dirixida por Risco e ilustrada por Castelao recolle o sentir teosófico dende as mesmas portadas ás ilustracións. Simbolismo que perdurará en Castelao : a Árbore da Vida, a ascese cara ao Graal e á Luz da Estrela

3 -Os grupos teosóficos e “de espírito” no Modernismo Galego
A Teosofía estaba moi presente nos primeiros anos do século XX en Galiza. O tratado nos parladoiros do grupo ´Marco Aurelio´ de Pontevedra ou no da Marquesa de Atalaya Bermeja de Ourense no foron alleos ás inquedanzas de Risco e do mesmo Castelao

2 -Buscas teosóficas, discurso e imaxinario “Oriental”, “Celta”: de “La Centuria” a “Nós”
(H.P.B) Madame Helena Petrovna Blavatsky exerceou unha forte influencia teosófica no Modernismo. En Galiza círculos galeguistas de Pontevedra e Ourense estiveron moi atentos a este acontecer, o que tanto influiría no fondo e nas formas de creadores

1 -Nos vieiros do Nacionalismo Galego: do Romanticismo ao Modernismo Exotismo, simbolismo teosófico, etnocultura e identidade nas raiceiras de “Nós”
Serie de tres artigos que introducen á confluencia de ´ismos´ que non pasaron desapercibidos á curiosidade Modernista de Vicente Risco, pra transmitlos a súa xeración, entre eles a Teosofía, esa interelación entre Mundo e Trasmundo, a Vida e a Morte

Triángulo, cadrado... cosmogonía no mapa dos entroidos galegos
A gran variedade creativa do estado da cuestión exprésase na festa de entrada na primavera en Galiza, o Entroido. Mascaras con substratos de todo tempo, recurso cultural e turístico merecente a distinguirse e protexerse como Patrimonio da Humanidade

O anuncio da primavera entre celebracións de tradición “celta”. As Candeas, as deusas pagáns, a Santa Bríxida e o San Brais
Nos primeiros días de Febreiro a tradición cristián celebra a Presentación do Neno no Templo, festa das Candeas, da luz e ao día seguinte o San Braís. No mundo celta entrada no tempo de luz, o ´IMBOLC´, alí cristianixado pola monxa Santa Brixida.

Ulo rico patrimonio cultural galego de cantos de Nadal, Aninovo e Reis?
Cavilares arredor da actualidade do rico patrimonio cultural de cantos de Nadal, Aninovo e Magos, os vlancicos e panxoliñas.Cultos, populares, antigos e contemporáneos, na actualizade ensombrecidos ou mesmo perdidos pola globalización comercial

(1) Galiza-Eirín / Yeats-Risco: o simbolismo modernista e o “Espírito Celta”
Artigo en dúas partes (abaixo a seguinte) que introduce á influencia que o ´Reancemento Celta Irlandés´ tivo no Modernismo Galego, a través de Vicente Risco: orientalismo, teosofía, simbolismo, orixes nas que radica a orixinalidade, a identidade

(2)Apuntes sobre a vida de Yeats: sensibilidade, misterio, teatro...coidar a forma e o fondo
A figura do escritor Willian Butler Yeats (1865-1939) foi clave pro ´Renacemento Celta Irlandés´. Activista dun frente cultural no que o teatro, a poesía, as artes recreábanse sobre as tradicións e saudades deste pobo céltico do occidente atlántico

O devalar metamórfósico das liñas de Ayaso, as que nos guían a pasados e presentes
Manuel Ayaso é un creador nacido no barbanzónico porto de Aguiño, trotamundos, como un Ulises que retorna co seu bagaxe cargado de experiencias, formas en devalar, como as nubes que pasan en constante metamorfose, dándolle a súa parte ao espectador

A fouce, de ferramenta a báculo: símbolo do devalar, de Liberdade
Analise do simbolismo da fouce e das súas varientes como feramenta do traballo labrego, que corta e inicia... fouce de ouro pros duidras celtas, como cetro e báculo. Xunto co martelo obreiro a focuce labrega pasará a ser símbolo so socialismo

Paradoxos: mentres A Coruña celebra ao arquitecto Albalat, destrúese a súa obra
Albalat ( 1924 - 2019 ) arquitecto representativos do Movimento Moderno, con canto implica de innovación urbanística, técnica, de materiais.... Autor de obra na cidade da Coruña e fora dela, algunhas delas xa perdidas, outras ameazadasa

A estrela: luceiro, guieiro de esperanza, abandeirando liberdade
Repaso do simbolismo da estrela prevalecendo a luz e guieiro. Un dos emblemas complementados pola Irmandade Nacionalista Galega: Liberadora, da Terra Prometida, dos Magos, de Santiago...Branca, logo vermella... Logo vermella a proposta de Castelao

Pasado e tristeiro presente das Estacións do Ferrocarril Zamora- A Coruña.
Breve repaso da historia do ferrocarril en Galiza, en especial da liña Zamora-Coruña, dende a metade do século XIX ate a súa inauguración no 1958. Coidadísimo proxecto no deseño de estacións realizadas con ansias dun futuro que non foi

Os lumes e ritos do solsticio de verán, pasado e presente na cultura e na acultura
A festa do San Xoán é a cristianización da celebración pagán do solsticio de verán, con cultos arredor do Lume, Auga, Terra e Aire... ritos ancestrais, herdos mesmo hoxe a aculturados: velaí o botellón, a degradación das praias ...

Galiza no “Mercure” de Francia: Yeats, Lebesgue, Teixeira, Risco e “Nós”
A revista francesa ´Mercure´ cunha longa vida dende o século XVII e revitalizada a finais do século XIX polo polígrafo e editor Phileas Lebesgue, o ´gran druida dos Galos´, recolle aspectos do panceltismo, do panlusismo e por tanto de Galiza.

O Pórtico na Cultura de ´Nós´
Filosofía arredor da simboloxía da porta: altar-tumba pra recibir e despedir a vida. Tema tratado no Romanticismo por Vicetto e Murguía, retomado por Vicente Risco para unha semiótica de Nós, tratado por Díaz Baliño e herdado polo seu fillo Isaac.

Humanismo e “Turismo de Autor” pra todo tempo e pra todos os públicos
A pandemia ponlle couto á convivencia, en especial a canto significa o turismo, degradado nos últimos anos pola masificación e a mercantilización do sector con falta de creatividade. Proponse aquí un turismo integral, ecolóxico, cultural, humanista

Ameaza de desmantelamento do espazo histórico do Cotto Wagner en Rande
Dende a Ilustración Galiza tivo un importante mencer industrial. A historia pesqueira e portuaria como a viaria deixaron pegadas: carpinteiros de ribeira que deron lugar a asteleiros, carroceiros... Rande ofrece un importante mostrario hoxe ameazado

A lixivia…. cando o remedio pode ser peor que a enfermidade para o patrimonio cultural
Repaso da significación da lixivia na cultura galega:fabricantes, usos e abusos, sobre todo os perigos que pode ocasionar no patrimonio cultural cando non hai un seguimento especializado, máis neste tempo do coronavirus no que se incentiva a hixiene

Realidade e virtualidade dos museos nos tempos do coronavirus
O museo como institución tamén progresa co devalar do tempo, asumindo o seu papel na sociedade e no patrimonio cultural. Na actualidade reformúlase a súa definición, as leis que velan polos seus intereses de acopio, conservación, estudio, didáctica

Miradas, retratos, documentos de presente e de futuro
Con motivo do Coronavirus un doctor do CHUAC tivo a idea de fotografar algunhas olladas, tras a máscara protectora, dos seus compañeiros. Idea que nos leva linguaxe endexamais mintireira das miradas, tan usada na poesía e na arte.

Tras os pesares o Maio sigue vindo coas súas tradicións celtas e romanas ocultas
Dende o confinamento polo coronavirus facemos un repaso das tradicións festivas que abren a Maio: a noite do Lumepán en Noia, as procesións dos ídolos florais dos Maios entre cantares,a cristianización da Santa Cruz así como a súa influencia na Arte

Realidade, mito e tradición arredor dos morcegos
Os morcegos son paxaros mamíferos, nocturnos, das cavernas, dos lugares de abandono, asociados entón co ocultismo, agora co coronavirus. Pero non todo é así, pois para os labregos son grandes insecticidas, contribuíntes á polinización.

Barbarie e Cultura antes, “en” e despois dos tempos do Coronavirus
Reflexións arredor da cultura como praxe fronte aos problemas que tentan contra o ser humano como peza clave da sociedade. Fronte á cultura anestesiada ou codificada como liturxia para determinados ´días´, actos... Cultura como base do humanismo.

Coresma, Semana Santa e Pascua Florida na reclusión do coronavirus
Repaso da significación do primaveral tempo de Coresma e Semana Santa. Interpretación feita dende a óptica do confinamento, entre antolóxicas interpretacións de liturxias e da Arte, tamén galega, arredor dun Cristo humano, soio e solidario

“O Amor nos tempos do cólera”
Paseo literario - pra tempos do coronavirus - co escritor oriundo de Galiza García Márquez, a fin de sacar conclusións obre o valor da soidade en solidariedade, das orixes, da vida, da casa...de canto ten dereito a ser no reparto do mapamundi

1 de abril, “Día das Artes Galegas” As sombras do Arquitecto Domingo de Andrade (1639-1712)
Xornada a celebrar en tempo de confinamento polo coronavirus. Homenaxe este ano 2020 ao mestre de obras, o arquitecto Domingo de Andrade, autor dunha significativa e influinte obra na catedral de Santiago, abrindo á singularidade do Barroco Galego

Protexerse un mesmo pra defender aos demais
Cavilacións arredor do que conleva una sociedade coutada por unha epidemia, que ameaza ao individuo e á sociedade: situacións curiosas, a creatividade, a sobrevivencia...paseo polo humanismo cunha selección de obras de arte coutadas pola peste.

Ameaza contra o Castro do Faramello, corazón de esencias xacobeas
O antolóxico Castro Lupario ou do Faramello na terras composteláns da Maía vese ameazado po un tendido eléctrico de alta tensión. Xacemento para o que no 2009 se solicita a declaración B.I.C por canto supón a súa singularidade, lendas, historia...

Apuntamentos para a Historia do Feminismo en Galiza
Resumen sobre o vangardismo feminista en Galiza, protagonizado polas teorías do Padre Feixoo, as cigarreiras da Coruña, o cículo de Juana de Vega, Concepción Arenal, a Pardo Bazán, María Vinyals... entre tantas, até chegar ás organizacións de hoxe.

“Liquidación por cierre”
Áreas comerciais no corazón das cidades galegas, con establecementos imprescindibles para o mercado van colgando o cartel de ´liquidación por cierre´. É o caso de ´Elvira´, unha mercería tradicional no entorno do Mercado de San Agostiño da Coruña.

Os competentes “Entroidos” de Galiza
O Entroido renace en Galiza, cada ano recupéranse e saen tradicionais e novas máscaras. Aumenta tamén os estudos e a bibliografía sobre o tema. Galiza caracterizada pola rica e competente variedade de máscaras entre parroquias.

Cando o pintor Laxeiro abriu ao Entroido coruñés
Lembranza dun Xoves de Comadres do 1984, cando o pintor Laxeiro de Lalín pronunciou o Pregón do Entroido na Praza de María Pita da Coruña, presentado por quen isto conta. Xornada na que o pintor afianzou a querencia pola cidade do seu amigo Lugrís

Inadaptados modernistas entre cousas do Demo
Introdución a principios que moveron á Vicente Risco, motor de ideas arredor do Nacionalismo Galego, inspirado no Renacemento Céltico Irlandés, promovido polo poeta Yeats, entre cuestións de estetas contrapelo do Modernismo Europeo

Efémeros ídolos da choqueirada entroideira
Repaso deses efémeros totems que presiden a festa cíclica do Entroido en Galiza: MECO, MOMO, URCO... representacións grotescas con algo de divino e demoníaco, erguido no centro da festa, despedidos en algarabía fúnebre e festa de lume.

Exposicións pra seducir, abrir os sentidos, coñecer e querer
Reflexións arredor da Museoloxía, a ciencia do museo e da súa posta en escena pola Museografía. Abondando sobre as exposicións, toda vez que abondan as formulas de sensibilización, tratadas dende a falla de profesionalización .

Arredor do San Antón , das súas tentacións e dos animais
Galiza, como outros países célticos mantén a tradición de celebrar a santiños con imaxe acompañados de animáis . Neste artigo reflexionase sobre o ermitán exipcio Santo Antón Abade, acompañado dun porquiño. Haxiografia caracterizada polas tentacións

“Galicia un relato no Mundo” e no Gaiás
Comentarios sobre esta mostra: itinerario arredor de documentos que avalian a identidade dun confín de encrucilladas e de portos, referente aberto ao mundo. Convite a maxinar a través do que enxergamos o que tamén falta nunha Historia interminable.

Unha capela galega para os Santos Reis Magos
Teimamos novamente na significación cultural dos Magos na ´Terra Meiga´, onde o creador Urbano Lugrís proxectou unha capela dedicada a eles, no camiño do cemiterio de Bueu. Arquitectura tramada dende os principios do Numero Aureo e da maxia.

Magos, meigas, homes e mulleres do saco e o outras interferencias no Nadal
Cavilares arredor do imaxinario do Nadal, da seductora maxia: o Neno, os Magos, Papa Noel e as súas versións, o Olentzero vasco, a Befana calabresa e o Apalpador do Courel galego... magos xenerosos, ao fin e ao cabo guiados pola esperanza.

Os estralampos da alma galega na fotografía de Cristina García Rodero
A fotógrafa documentalista Cristina García Rodero ingresa como membro de Honra da Academia Galega de B. Artes e faino cunha declaración de amor a Galiza , terra que abriu pórticos de luz e sombra a fotos que arrincan anacos de vida á morte.

O Nadal e os seus adornos
O tempo do Nadal significa anovación, cargado de símbolos que se perden na prehistoria, nas festas en relación co solsticio de inverno: árbore, verde, roxo, estrelas, nacimento, Magos, luces....todo sometido hoxe ao mercadeo global.

A “Vaca Sagrada” e o hinduísmo
Introducción ao complexo país da India e ao hinduismo, doutrina de vida que tanta pegada deixou no mundo indoeuropeo, na dialéctica vida-morte, ascese de purificación por medio, da tradición céltica.Inspirador universo que non foi alleo a Risco .

“Galaicos” un tema que non prescribe
A constitución do singular territorio dos kallaikoi, a Gallaecia débese a Roma, despois da penetración de Décimo X. Bruto ´o Galaico´, no 130 a C., da expedición de Cesar no 60 a. C e finalmente con Augusto e as Guerras Cántabras, 30 ao 19 a.C.

O gato, a nigromancia e don Vicente Risco
Cavilacións en relación co simbolismo do gato, asociado á maxía, á creatividade, á intelectualidade... o preferido por singularidades do Romanticismo e do Modernismo, como por don Vicente Risco, tema que inspira a Castelao para un enigmático cadro.

Arredor do retablo barroco do outono galego
O outono é tempo que en Galiza marca os contrastes, o preferido por creadores como Otero Pedrayo, Cunqueiro, Manuel Maria....pero tamén pra pintores como Ovidio Murguía, Pousa...cando se celebra ao San Francisco, a San Martín, a Santa Lucia...

Magostos galegos, lumaradas, castañas e viño novo
Introducción á significación dunha festa de orixe celta, romanizada e cristianizada, os Magostos. Encontro en relación cos Santos Martiños, de Tours e de Braga. Gran merenda campestre, con castañas, viño novo, música de pandeiro e gaita.

No País das Benditas Ánimas este é o tempo de Defuntos e Magostos
Reflexión arredor dos nomes e ritos do Tempo de Defuntos e Magostos en Galiza, así como das novas versións importadas dende o ánimo irlandesizante como o Samaín ou o comercial americanizado do Halloweem, sumando influencias aculturais do cine gore.

A mítica árbore do teixo na Galiza
Análise do simbolismo da árbore do teixo en Galiza, vencellada a cultos célticos en relación coa fecundidade e a vida, mesmo como transmisor entre o Ceo e a Terra. País no que se conservan algúns venerados e míticos exemplares e bosques.

Mamede Casanova, alias “ Toribio”, un bandoleiro de cine
Introducción a unha historia de cine, a do decimonónico bandoleiro de Grañas do Sor, Mamede Casanova, prototipo dunha Galiza asoballada, de cregos, ´americanos´, pobres, arrieiros... Persoeiro da non menos celebre saga dos temibles Balseiro.

A SAGA DE YAGO, O VIQUINGO GALEGO
O escritor e especialista en temas atánticos, celtas e viquingos, Manuel Velasco, crea unha novela no que o persoeiro é Yago, un neno galego raptado e adoptado polos viquingos. Feito que aproveita pra describir a vida e os periplos nórdicos

A matinar sobre o “Carpe diem”
Repaso de frases e sentencias latinas tópicas, moitas das que fan relación ao paso do tempo, entre elas a tan usada do ´Carpe Diem´, atribuida ao poeta do século II Horacio: convite a pensar máis no presente que atemorizarse ante o futuro.

Outros lugares aínda enigmáticos
Galiza califícase baixo o tópico de ´país máxico´ e faise por descoñecido. Quedan ainda moitos lugares descritos en vellos e novoslibros que merecen atención arqueolóxica, que quere dicir conservar e sumar a ese crevatestas de escenarios históricos.

O carallo entre moitas outras caralladas
A palabra ´carallo´ é unha das máis universais. Arredor dela cabe un estudo sociolóxico, tamén cando un idioma se reduce a escatoloxías. Camilo José Cela no su Diccionario Secreto, fai un estudo do vocablo, uso e abuso sobre o que se afonda aquí.

Elviña, aldea aldraxada pola urbe
Histórica parroquia, fagocitada pola expansión periurbán da Coruña. Con vestixios arqueolóxicos como o castro, onde no 1809 se deu batalla contra as tropas napoleónicas. Gardadora de esencias tradicionais galegas aquí celebradas......................

O Oribio: atentados consentidos ao patrimonio natural e cultural
O Oribio, serra nos concellos de Triacastela e Samos, abas polas que transcorre o Camiño Francés a Compsotela, paraíso con pegadas de todo tempo, protexido por Leis. Pese a todo as industrias enerxéticas campan sobre del, usan e abusan do común.

O símbolo do lagarto na Galiza de antes
Na sociedade consumista e global pérdense vellos símbolos, entre eles o do lagarto, asociado co curandeirismo, a meiguería, a masculinidade... polo que era buscado e cazado. Motivo decorativo en máscaras, bixutería, na arte, tema sobre o que recrear.

A Lanzada, templo ao mar, á lúa e á fecundidade
En terras pontevedresas de Sanxenxo, na praia da Lanzada sobresa a península coa ermida dedicada a Santa María: cristianización de cultos pagáns en territorio castrexo. Lugar onde perviven cultos fecundativos, en relación coas augas do mar e a lua.

Entre o Océano, a Serra e o Ceo: Cariño
Cariño é concello que abre ao Cabo Ortegal, dende o septentrión de Iberia apuntando ao Atlántico. Paraíso xeolóxico, morfolóxico, ornitolóxico, arqueolóxico, paisaxístico e polo tanto cunha fonda historia e cultura expresada na vila e na súa paisaxe.

Aportes pra unha nova Etnografía Galega
Reflexión e contraste sobre a etnografía do pasado en Galiza que tradiiconalmente comeza pola casa, o traballo, os artefactos, as devoción, en contraste co hoxe... os desexos dun chalet, dun piso, migracións, happenings e botellón por medio.

Si as pedras do Carballiño falasen....
Algunhas lembranzas, entre tantas, arredor de espazos, casas e construción desaparecidas do Carballiño, unha vila que se caracterizou polas obras en pedra.

Papiroflexia con “Amor e pedagoxía”
Introdúcese ao interese da papiroflexia, cacotoloxía ou origami no desenvolvemento da intelixencia. Técnicas do dobrado ou encarte do papel, básico na arquitectura e a arte. Persoalidades que practicaron a papiroflexia, Unamuno escribiu un tratado.

O “Libro de Santiago” pra asentar as raiceiras da cultura galega
Repaso dos contidos do Libro de Santiago, publicación de 1948 da autoría de Filgueira Valverde e ilustrado por Xosé Sesto López. Sabia introdución á significación de Compostela e dos seus camiños na Historia de Galiza e na constitución de Europa.

Revelar unha Historia, a de “Las Sinsombrero”
Desvelar é quitar o velo; descubrirse é mostrarse. Imposicións relixiosas e políticas obrigan a cubrir a cabeza, onde radican as ideas. Coa democracia e a inmersión na Historia forónse superándose esas imposicións. Lembramos aqui a Las Sinsombrero

Harry Potter puidera ser galego
O ensino debe abrir o maxín á fantasía, á creatividade, fomentado o coñecemento da cultura como o que o ser humano cultiva, as orixes nas que radica a orixinalidade. Por exemplo, universo que serviu pra crear o fenómeno industrial de Harry Potter.

Sardiñas e sardiñadas
Peixe azul moi metido nas tradicións marítimas e culinarias da vella Europa, de xeito especial na beiramar Ibérica. En Galiza e Portugal celebrada en banquetes comunais cando se abre ao verán. Fonte de inspiración artística.

Historias e mitos do San Xoán arredor das lagoas
Nos países célticos entre eles Galiza, cada lagoa ten a súa lenda en relación coa súa orixe. Mitos sobre antigas cidades asolagadas castigadas polo pecado dun vicio, xeralmente o da soberbia. Na noite de San Xoán escoitanse as badaladas.

Arredor das tradicións festivas do Corpus
A cristiandade celebra o solsticio de verán coa esta festa eucarística na que ademais saen en procesión vellas tradicións pagáns: músicas, danzas, monstros...e alfómbranse as rúas. Por algo tamén o escudo de Galiza é o pan e o viño feito eucaristía.

Oficina de Turismo: aberta... ou “pechada por vacacións”
A base orientativa para o viaxeiro é a oficina de turismo, onde, por todos os sistemas, directos ou indirectos como os internáuticos, impresos... se ofrecen itinerarios, recursos turísticos, ofertas de ocio nunha bisbarra...

A destrución “oficial” dun recurso cultural: Arretén en Padrón
Padrón é escenario moi vencellado á Historia de Compostela e Galiza, arqueoloxía, literatura, tradicións....e dentro dela hai espazos como iría Flavia, Santiaguiño do Monte ou a ruta Rosalia que serian merecentes de maior atención. Paramos en Arretén

A exemplar lección do Museo Etnográfico da Capela
A Capela é un pequeno municipio coruñés, nacido pra servir a camiños que seguindo o Eume conducen a terras lucense... bisbarra con vestixios de todo tempo, o mosteiro de Caaveiro e as fragas do Eume entre eles.

Do pobo para o pobo: a humildade e a grandeza de Antonio Fraguas
O ´Día das Letras Galegas do 2019´ dedicase a Antonio Fraguas, ´bo e xeneroso´, etnógrafo, historiador que vive boa parte do século XX, con todo o que significa a sementeira humanista do Seminario de Estudos Galegos, base do Museo do Pobo Galego.

Análise dunha mostra sobre tres xeitos de facer artesanal: a cestería, os oleiros e a xoiería en Galiza, partindo dende as orixes ao deseño actual.
“Pensar coas mans” unha mostra pra enxergar

Escolas de Arte , obradoiros de artesáns pra rehabilitar o Patrimonio Cultural.
O incendio de Notre Dame de París avivou a un tempo o lume dun vello debate arredor das medidas preventivas co Patrimonio Cultural, a un tempo sobre a súa rehabilitación en estilo ou non. Ao respecto as escolas de artesáns teñen futuro nun país culto

Punxín: do San Vintila a Alberto Cortez
Punxín é un pequeno concello no ourensán Ribeiro do río Barbantiño, onde polo sc IX fixo misión de humanismo o mítico San Vintila. Terras de onde,a inicios do século XX partiu pra Pampa arxentinas ´´El abuelo´ Manolo do cantoautor Alberto Cortez....

Arredor da Pascua de Flores, das roscas de pan doce e dos ovos
O Domingo de Pascua (pasaxe) pecha o ciclo vida-morte-vida, entrada difinitiva no tempo florido e farase con cirimonias litúrxicas, con estreas, regalos dos padriños: roscos e ovos de doce, formas cosmogónicas. Sendo o Cirio Pascual símbolo da luz.

O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes
As Pontes abre as Portas do Museo Etnográfico Monte Caxado, resultado da constancia guiada por un mestre, contaxiando a compañeiros, empregados e a alumnos do centro: recoller anacos da memoria labrega e gandeira de antes da industrialización .

A teoría e a praxe galega e universal de Luis Seoane
A Academia Galega de Belas Artes dedica cada 1 de abril a celebrar o ´Día das Artes Galegas´ este 2019 arredor do creador Luis Seoane, caracterizado polo compromiso sociocultural con Galiza. Obra feita pra levar á industria como parte da identidade.

A maxia das escaleiras galegas
Concluimos que un pobo culto sabe acondicionar o seu medio pros cultivos, achanzar o territorio, deseñar e construir escalóns que dan acceso aos altares, grandes escalinatas sobre as que erguer os templos... Galiza aprendeu e impartiu esa lección.

Rubiáns, o pazo das ilusións, das camelias e do albariño
O Pazo de Rubiáns en terras do Salnés é berce do feudalismo galego: ´Casa Grande´, xardíns, viñedos de Albariño...Visita recomendada pra coñecer a traves das exóticas camelias as relacións co mundo, os novos experimentos florais e a súa xestión....

Vimianzo: resume da Historia de Galiza
O Concello de Vimianzo en Terras de Soneira, camiños que van e veñen de Fisterra, resume nos seus escenarios o acontecer da Historia de Galiza: megalitos, castros, romanización, cristianización e suevos, o medievo feudal, representativos pazos...

O lastre dunha historia machista: someter e submisión
Introdución a unha historia inacabada pola igualdade entre mulleres e homes, sometida a lastres culturais e o peor polo mercantilismo,a novas liturxias e postureos, cando implica educación cotián, especialmente a través dos medios de comunicación.

Todo reducido a cinza...fin e principio
Repaso sobre a significación da cinza na cultura, especialmente nese tempo que despois do libertario Entroido abre a esoutra corentena de cavila que é a Coresma. Cinza, resultado dunha labarada de luz e quentura, base da terra e dos cultivos.

Orixe e orixinalidade do Entroido e das máscaras galegas
Galiza, pais que abre portos e camiños...ofrece un Entroido, esa festa da entrada na primavera cun longo almanaque e variados substratos que denuncian aspectos prehistóricos, célticos, romanos, medievais até de hoxe mesmo.

Onde e cando o porco é o rei
O tema do porco merecería un tratado, especialmente na Galiza, onde perviven tantas esencias identitarias ´célticas´. Cultura na que este animal, tan literario, significa o monte domesticado e base da mantenza. Denostado, a pesares de todo.

Nas orixes do celtismo... galego
Posta en valor da publicación ´Nas orixes do Celtismo Galego´ (2017) do historiador cultural Fernando Pereira. Cuestión que parte das cronicas da Antigüidade... nas que, ampliadas, no Rexurdimento se afianzará a identidade galega.

Arredor do pote “galego”
Introudución á significación do pote na cultura galega, corazón na lareira antiga: cacerolo de ferro, de boca estreita, barrigudo e co trespés engadido a súa base, diferenciado da pota, uniforme e coa boca ancha pra acoller o cocido dos lacóns....

Murguía “Frasquiño de esencias”... galegas”
Introdución á inmensidade de quen foi base do Rexurdimento Galego, o precursor Manuel Murguía, esposo de Rosalía de Castro. Persoeiro interesadamente ensombrecido, referente dos pasos do Provincialismo ao Rexionalismo e dende este ao Nacionalismo...

Arredor do pasado e presente da coruñesa casa do ilustrado Xosé Cornide
O coruñés Cornide Saavedra (1734-1803) foi gloria da Ilustración universal. A súa casa, que non pazo urbano, coroando a Cidade Vella da Coruña, é todo un símbolo. Facendo ´Memoria Histórica´ reapasamos o seu acontecer, deica ser ´regalo´ ao dictador.

O vimieiro na paisaxe rural galega
Resulta curioso que na actualidade aparezan esquecidos aspectos tan influintes na cultura como foi a árbore do vimieiro, esencial pra cestería e pras súas secuencias xeométricas...esquecido polos paisaxistas, nas novas tendencias de lands art...

Galiza e a neboeira, tópico, filosofía e poesía
Retomando artigos de Risco, Otero Pedrayo e Filgueira, así como pousando na visión do pintor Tino Grandio, afondamos significación e no seu tópico en Galiza. Como vía láctea terrestre, nimbo pra saudades, señas, meigas, trasnos, mouras....

Oriente, primeiro capítulo da Historia Universal
Retómase un tema sobre o que teimaba o sabio ourensán Vicente Risco, autor de ´El oriente contado con sencillez´. Cara á alborada, onde nace a palabra, entón a Lei e canto supón, as relixións, as xerarquias.... ´Orientarse´ é referenciar o Oriente.

A tradición do Belén en Galiza
A instalación do Belén, sobre o nacemento, igual que o Viacrucis, sobre a morte de Xesús...forma parte da misión didáctica franciscana, con tanto arraigamento en Galiza. Viaxe arredor das escenografías de Beléns de Díaz Valiño e de Arturo Baltar.

Viaxar con...homes e mulleres creadoras
Reflexión arredor dos cadernos turísticos de ´Viajar....com´, iniciativa da Delegaçao Regional da Cultura Norte de Portugal, modelo que convida a furar entre paisaneaxes, paisaxes, ´locus amoenus´ da vida e da obra de homes e mulleres creadoras.

A Breijoeira, o palacio do Albariño en Monçao
Nas terras do Alto Minho, fronterizas con Salvaterra da Galiza, aséntase o grandioso Palacio da Breijoeira, onde nos anos setenta, por iniciativa da súa propietaria se retoma a experiencia dos viños da cepa Albariña. Lección de xestión do patrimonio.

A Arte e a Guerra Civil Española
Golpistas e exército republicano español coincidiron en poñer a salvo o Patrimonio Cultural, especialmente do Museo do Prado e doutros museos e palacios. A tal efecto depositáronse os bens en diferentes partes, posteriormente rescatados.

O Coloso de Pedralva en Guimâraes
Análise dunha xigantesca escultura, aparecida entre Guimarâes e Braga a fins do século XIX, conservada no Museo da Fundación Martíns Sarmento en Guimarâes e dende 1990 na rotonda de entrada do supermercado Continente na cidade portuguesa.

Xeografía Sacra Galega
Paseo por lugares considerados ´máxicos´ deste Cabo do Mundo que é Galiza. Embigos onde converxen os Catro Elementos e a paisanaxe se vencella coa súa paisaxe nun ancestral culto panteista cristianizado e celebrado en romaría.

A Historia da Cociña nos fundamentos da Historia da Cultura
Dime o que comes e direiche quen eres... e velaí as raiceiras da cultura. Temos vivido varios xeitos de preparar un xantar e de servir unha mesa: dende a lareira ás vitrocerámica...xantar rural, pacego, o das feiras e festas.. deica a mcadonalización

Defuntos, Magostos e outras variantes comerciais
Galiza celebrou sempre e abrindo a novembro o tempo dos Defuntos e dos Magostos, agora enfrontado á globalidade comercial do Halloween e do Samáin gaélico... En Galiza a morte é ´amiga´: parroquia da ´compaña´...viste de branco e da consellos...

“A derradeira lección do Mestre” Castelao
No 1945, 5 anos antes da morte de Castelao, este presenta o lenzo de gran formato ´A derradeira lección do mestre´ no que recolle un tema xa tratado por el nas estampas da guerra civil en Galiza para ´non dar a esquecemento da inxuria ...´

Medio século de Historia do Museo Arqueolóxico da Coruña
Un 5 de outubro de 1968, fai medio século, abríuse ao público como Museo Arqueolóxico e Histórico o Castelo de S. Antón. Pasado o tempo faise necesario dedicar o centro a contar a súa propia historia e a Arqueoloxía e a Historia a novos espazos...

Radiografía da empanada galega
Breve historia dun xantar de feira, festa e romaría galega: a empanada. As diferentes fórmulas do pan, de contido...a súa tradición e evolución mesmo na arte.

Novos e vellos andazos
Repaso dalgúns andazos, que por diversos motivos, especialmente polo cambio climático, afectan á vida e á convivencia, interfirindo na cultura, facéndose tamén globais.

A cor que se lle daba ás pedras
Nas tradicións galegas dos canteiros estaba en darlle á obra acabada en pedra unha capa protextora de cal, mesmo a completar as esculturas de cruceiros, escudos e outras con cor...As modas acabaron con este xeito estético, xa dificil de recuperar.

O Patrimonio Cultural a través de visitas guiadas teatralizadas
Reflexión sobre os imperante xeitos de achegar o Patrimonio Cultural ao gran público a través de visitas guiadas teatralizadas. Performance, teatro que require especialización a sumar a saber o que se explica e sabelo transmitir..

Sobre o cultivo e a cultura do viño: a vitivinicultura
Setembo é tempo da vendima, final dun longo proceso que remata con brindes, compartindo os sabores e saberes da Terra. Por algo do viño se fai sacramento e se leva a un caliz,co pan enseñas armeiras de Galiza.

A lección de Núremberg: onte da fascinación á violencia, agora á educación pola Paz
¿Qué facer con continentes e contidos, con reliquias cargadas de fascinación nazi, de ideoloxías de odio e morte?. Núremberg ofrece un exemplo sobre as ruínas do que foi Centro de Convencións do partido do III Reich .

Arredor das serpes na cultura galega
Réptil que participa intensamente da interacción dos Catro Elementos, que do letargo invernal no escuro frío da fondura da Terra, no verán sae á luz. Repaso introductorio á súa significación e coincidencias en diferentes culturas e na Galiza.

“Rivera” sempre na dianteira do Carballiño e da Historia do Fútbol
Repaso sobre a orixinalidade do xogador de futbol carballiñés Cesareo Rivera, de familia de transportistas, xogador do Sporting Club da súa vila, do Santiago, 1959 do Ourense, Sevilla, do 65 ao 72 no Celta, onde se retira en plena apotese.

Profesionais da Conservación e Restauración do Patrimonio Cultural
Os Conservadores e Restauradores do Patrimonio Cultural fan unha chamada de atención tanto fronte ao intrusismo, como aos criterios de selección en concursos convocados polas administracións, nos que prima a baixa nos precios sobre a excelencia .

O “Bosque de Galicia”, o Monte Ilicino e o Libredón
Dende o 2016 un novo proxecto arrodea o complexo da ´Cidade da Cultura´, é o do ´Bosque de Galicia´. Precisamente onde a tradición sitúa o ´Monte Ilicino´ , bosque de monstros que abría ao couto do ´Libredón´... Mitos que semellan esquecidos.

A arte antiga de argallar as festas: os Mordomos
Meditación arredor do xeito de argallar as festas populares en Galiza: dos ´Ramistas´ ás encargadas dende os concellos a empresas de Xestión Cultural, pasando polos ´Mordomos´ e as ´Comisións de Festas´ entre outros asuntos festivos en muda.

Outro, entre tantos atentados ao Patrimonio Cultural Galego
Resumo de causas e efectos da ristra continua de atentados ao patrimonio cultural de Galiza. Entre as causas a aculturación e a falta dunha educaión integral dende tódo-los ámbitos, especialmente dende os medios de comunicación

Percebes Galegos
Entre os mariscos o percebe esta considerado ´o rei´. O nome de Galiza súmase á súa calidade, ao sabor, mesmo á historia e á cultura do percebe, importantísima fonte de economía, sometido a argucias pro mercado ilegal. Noutrora despreciado.

Romaría en Padrón: o Santiaguiño do Monte
Paseo a través das lendas e lugares en relación coa predicación do Apóstolo Santiago por terras de Iría, así como da ´Translatio´ do seu corpo morto, o encontro coa Raíña Lupa:o lugar, as pedras, a fonte e a romaría de Santiaguiño do Monte.

O real e o virtual na comunicación dixital: as emoticonas
Reflexións arredor da linguaxe virtual, dos grafismos e da súa influencia na realidade, na cultura, na arte, na mesma conversa. A globalidade e a localidade nas novas fórmulas de comunicación dixital..

TENREIRO BROCHÓN, PINTOR DO ESPÍRITO DA PAISAXE
Adentrámonos na vida e na obra do pintor coruñés Antonio Tenreiro Brochón (1923-2006). Obras de pequeno formato que reflicten poeticamente sensación, o devalar das horas ao longo do día e nas estacións do ano.

Historias e contos arredor do “Can do Demo”
Pescudas sobre as tradicións e representacións do Urco ou o ´Can do Demo ´ en Galiza e nos países célticos. Visións asociadas cun mal presaxio, coa morte....

Os países gaélicos, Galiza e o lume
O lume, un dos ´Catro Elementos´, imprescindible e celebrado en festas de carácter cíclico, agrario, equinoccios e solsticios, especialmente cada 24 de xuño, o San Xoán, cando no mencer as raiolas do sol entran nas cámaras funerarias do Megalitismo.

O inspirador “Libro máxico do San Cibrao”
Nos séculos pasados foron populares en Galiza estas páxinas que recollen consellos de magos sobre remedios, feitizos, exorcismos e mesmo ofrecen a localización de tesouros antigos....

No principio foi a auga...
Repaso sobre a significación da auga nas civilización e na cultura, un dos ´Catro Elementos´ necesarios para a vida, auga do mar, ríos,lagoas, nacedouros, orixe de cidades, base de mosteiros, inspiración para creadores....

Oleiros, concello para vivir
A ´Cidade das Rías foi proxecto ideado polo arquiteto Andrés Fernández Albalat a aplicar na beiramar do chamado ´Golfo Ártabro´. Pero na desplanificción cundiu o caos, entre o que se salva o concello de Oleiros, onde ´os peóns teñen prioridade´

Alicornos pra alentar a fantasía e a poesía
Paseo a través do alicorno ou unicorno, sobre a súa orixe, significación nos mitos, no cristianismo...as interpretacións na arte e fonte de inspiración literaria.

Museos: hiperconexión, enfoques, públicos , teoría e realidade
Reflexións arredor do tema proposto polo ICOM para o ´Día dos Museos´ do ano 2018: o papel das redes na sensibilización, en informar para formar sobre o papel dos museos. Si ben hai outras carencias previas na elementalidade da museoloxía.

Liberté, fraternité, egalité...
Sintético repaso polo Maio francés do 68 e dos seus sucedaneos, a filosofía que os inspirou...foron aqueles, entón mozos e hoxe os seus fillos os que se sentan nos despachos dunha política en contubernio coa banca e cos mercados ...

Iniciarse no mundo céltico do Rei Arturo
Repaso do tema artúrico no mundo céltico, incluida Galiza: persoeiros, accións, lugares, símbolos... sempiterna fonte de inspiración de ascéticas aventuras e desventuras

O “Ideal” da arqueoloxía coruñesa
Lembranzas das colaboracións do que subscribe como Director do Museo Arqueolóxico da Coruña (1975-1997) con ´El Ideal Gallego´, a sensibilización arredor do Patrimonio Cultural da Coruña

Ai ven o maio florido... con estrelas, cruces e pancartas
Primeiros días de maio, celebracións en relación coa Árbore da vida:flores que serán froitos, sementes...anovación, cristianizadas coa Santa Cruz, ´Árbore de Redención´, politizadas en esperanzas proletarias...

Cerdeiras florecidas de abril
Introdución á significación da árbore da cerdeira, da súa relación coas Catro Idades: espida no inverno, florida na primavera, roxa e verde no verán, dourada no outono...

18 abril, Día dos Monumentos: herdo pras nosas xeracións
Dende 1983 o ICOMOS ven celebrando a xornada do 18 de abril como DÍA INTERNACIONAL DOS MONUMENTOS E DOS SITIOS, neste 2018 baixo o lema PATRIMONIO PARA AS NOSAS XERACIÓNS, chamada a incorporar nas redes cuestións como a aquí tratada

Ars Amandi ou o raio do desacougo
Meditacións e paseo a través do sempiterno tema e recetarios literarios sobre a arte de amar, o frechazo, a sedución, o ligue, as aplicacións internáuticas, a infidelidade, os celos...

´DÍA DAS ARTE GALEGAS 2018´ e o arquitecto pontevedrés La Sota
Introdución á vida e obra do arquitecto pontevedrés Alexandre de la Sota (1913-1996), representativo do Movemento Moderno, caracterizado pola teoría e a praxe da esencialidadade e a quen neste 2018 se dedica o 1 de abril, ´Día das Artes Galegas´

García Martínez, o Seminario de Estudos Galegos e o Museo do Pobo
Homenaxe a Carlos García Martinez (1945-2017) repasando aspectos biográficos en relación coa conservación, o estudo e a divulgación do patrimonico cultural galego, en especial a través da obra da que foi piar, o Museo do Pobo Galego.

Fobias e filias que marean a Historia
Cavilares arredor do nacimento dos imperios e das lendas negras e aureas entre os ´uns´ e os ´outros´, ESTES SEMPRE FEOS, RUÍNS...

Galiza e Carmiña Martín Gaite
As paisaxes e paisanaxes maternais e galegas de Carmen Martín Gaite deixan pegada no seu xeito de ser e descubrimolas a través dos seus escritos e das súas confesións: esa ansia de asomarse ás xanelas e enxergar o mundo, as mulleres, o panteismo...

Galiza, berce de feudalismos... e conquistas: a nobreza
Cavilacións arredor dun tema de permanente actualidade e resquicio medieval, os privilexios por ser de ´sangre azul´ e prebendas outorgadas dende a Corte.....

Paisaxes e paisanaxes do pintor Sucasas
Cavilares arredor da obra do pintor de Lalín Sucasas, retratos da Galiza, por mor da súa mostra no Museo de Belas Artesa da Coruña. Entroido-Coresma 2018

Cantos de Nadal Galegos...enxordecidos
Cantos de Nadal Galegos...enxordecidos

Altares, rituais e sacrificios na antiga Gallaecia
Altares, rituais e sacrificios na antiga Gallaecia

“Andar ás xaneiras”, cousa de gatos e agoiros...
“Andar ás xaneiras”, cousa de gatos e agoiros...

En terra e tempo bretemoso dos suevos
En terra e tempo bretemoso dos suevos

Polo san Brais máis día verás
Polo san Brais máis día verás

Samede das Mariñas: vello, novo e sempiterno Entroido
Samede das Mariñas: vello, novo e sempiterno Entroido

Luís Monteagudo (1919-2018) arqueólogo coruñés
Luís Monteagudo (1919-2018) arqueólogo coruñés

O turismo e un turista, o arquitecto Sir David Chipperfield e Corrubedo
02/09/2017